O Couto refrenda a sintonía de Neira Vilas na Costa da Morte


Voltaba unha das grandes lendas vivas da literatura galega á Costa da Morte. E como non, facíao á Casa dos Veciños do Couto, onde tantas veces ten estado contando as súas historias. O escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas presentou o seu libro máis costeiro, ‘Con Anisia Miranda na Costa da Morte’ ante unha marea de veciños da zona, entregados á súa sabedoría e cercanía.
De feito, a pesar da súa aparente debilidade, aos seus 86 anos, é destacable a súa incansable forma de contar, e a súa proximidade, deixándose querer e afianzándose coma o que é, xa un mito da cultura costeira e galega. O autor demostrou o seu amor e compromiso por esta terra salgada, que leva viistante dende hai moitos anos.
Neira Vilas fixo unha viaxe polas últimas dúas décadas culturais da Costa da Morte. Unha colleita de anécdotas e datos das súas visitas costeiras, ben recollido, i é que todos salientaron o ordenado que é.
Neira Vilas estivo acompañado pola brava voluntaria local Tamara Lema, por Xosé María Varela, como representante da Fundación Eduardo Pondal, o Secretario de Política Lingüística Valentín García e o director da editorial Embora Miguel Toval.
Ademais de verbas, houbo tempo para a música, para despedir como se merece un dos tesouros da nosa lingua.

Novas relacionadas
- A Aldea sostible do Couto salva ao rural mundial a base de cultura.
- A Fundación Fernando Blanco prepara un Mes de outubro de vertixe cultural.
- O Couto, un experimento universitario para salvar ás aldeas de todo o mundo.
- Que facermos para lles transmitirmos o galego ás xeracións máis novas?.
- A Fundación Eduardo Pondal é galardoada co V Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura.
- Adrián Varela, da canteira do Couto: “Non cremos o suficiente na nosa zona”.
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
- A mocidade que forma.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).