Venres. 26.04.2024
El tiempo

80 monitores da Fundación Eduardo Pondal fórmanse nun pioneiro curso sobre a Paisaxe

80 monitores da Fundación Eduardo Pondal fórmanse nun pioneiro curso sobre a Paisaxe
Os peques da Escola de Verán da FEP tamén tiveron sesións de Paisaxe o ano pasado

Xa falamos da mocidade que forma. Unha mocidade que se forma e que forma. Un exemplo de como o traballo de canteira da Asociación Monte Branco de O Couto e da Fundación Eduardo Pondal dá os seus froitos. Pronto os disfrutaremos no Festiletras 2014, pero antes, uns 80 monitores de tempo libre da Fundación participan nun curso sobre Paisaxe.

Un curso imartido na Casa dos veciños da parroquia do Couto. Unha sesión formativa sobre a paisaxe, na que expoñerá como utilizar as ferramentas para a lectura e interpretación da paisaxe. Así os nosos mozos monitores aprenderán a utilizar a interpretación da paisaxe como elemento educativo, adquirindo un hábito de observación da funcionalidade da paisaxe e do territorio e identificando os sentimentos e emocións que provoca.

>Aprenderán eles, e aprenderánlle aos cativos da Escola de Verán que os propios monitores imparten.

Un curso pioneiro

O Instituto de Estudos do Territorio destaca a posta en marcha desta iniciativa, polo seu carácter innovador ao incorporar a paisaxe como obxecto de aprendizaxe: ler e interpretar a paisaxe dende unha concepción interdisciplinar.

A comarca de Bergantiños é pioneira na atención á sustentabilidade e a paisaxe e sigue apostando por motivar á sociedade é facerlle sentir que a educación sirve para comprender e valorar mellor a súa contorna e a súa cultura, en definitiva, a súa paisaxe.
Esta xornada quere afondar na idea de que vivimos inmersos nun territorio e nunha paisaxe que configura o noso escenario vital. As nosas accións, aínda que sexan mínimas, poden mellorar ou empeorar o espazo onde habitamos. Ensinar a ler, interpretar e coñecer a paisaxe onde vivimos, cos seus elementos constitutivos, a súa diversidade, o seu valor cultural e simbólico é a nosa finalidade
.

Varias xornadas

O director do propio IET, Manuel Borobio, participará neste curso coa impartición dunha clase formativa ao alumnado participante. Borobio Sanchiz abordará a Estratexia da paisaxe galega, en relación ao Convenio de Florencia e ao Lei 7/2008 de protección da paisaxe de Galicia. Na súa intervención expoñerá como utilizar diversas ferramentas para a lectura e interpretación da paisaxe a través do taller de cartografía e fotografía aérea.

Tamén, nunha segunda parte da xornada, se expoñerá un caso práctico para que os monitores de tempo libre adquiran destrezas e habilidades para atender a cada colectivo de forma diferenciada. Así técnicos de paisaxe do IET ofrecerán contidos sobre como implementar un taller “Paisaxe para nenos, unha aproximación didáctica”. Explicarán como atraer e concentrar a atención dos nenos e nenas a través da participación. A sesión rematará cunha saída a Monte Branco onde se poñerán en valor os coñecementos adquiridos durante toda a xornada.

Dúas estratexias

No desenvolvemento da xornada, que se celebra na Casa dos veciños na parroquia do Couto no Concello de Ponteceso, empregaranse dúas estratexias metodolóxicas:

  • Unha metodoloxía interpretativa que ensine ao alumnado participante a empregar os conceptos e ferramentas para comprender o territorio e a paisaxe.
  • Unha metodoloxía participativa que promova a identificación de fitos e elementos singulares que nos permitan a interpretación da contorna.

Novas relacionadas

Comentarios