A familia do Corme CF rendeu homenaxe a Alejandro, a súa lenda

15:09 22/04/24
Fin de semana de luto no Cairo. A familia do Corme CF rendeu unha sentida homenaxe, en cada partido celebrado polos seus equipos, ao eterno Alejandro Torrado, que falecía esta pasada semana por mor dun cancro.
Os choques de todas as categorías do club, como na meirande parte dos campos do Fútbol da Costa, gardaron minuto silencio na súa honra, e os equipos vestiron o brazalete negro, ademais de saltar ao campo cunha Camiseta co 3 de Alejandro.
Unha demostración do cariño que sinte todo un pobo por unha persoa, por un xogador que vestiu 31 anos a azulona, que deixou amigos por toda a Costa da Morte.


