Sábado. 27.04.2024
El tiempo

86 persoas disfrutan da libre creación da Escola de Arte Municipal de Ponteceso

Nova Escola de Arte de Ponteceso
86 persoas disfrutan da libre creación da Escola de Arte Municipal de Ponteceso

Moi boa participación na Nova Escola de Arte Municipal de Ponteceso. Son un total de 86 as persoas inscritas, repartidas entre 2 grupos de nenos e nenas que reciben clase os xoves pola tarde en Corme e os 5 grupos (3 de nenos e nenas e 2 de persoas adultas) que asisten os venres, tamén pola tarde, no Edificio das Escolas de Ponteceso.

Pequen@s e adult@s disfrutan da arte, sen presas, nunha aula de libre creación.

Nova Escola de Arte de Ponteceso 2

Continúan as clases na Escola de Cociña municipal de Ponteceso

Os nenos e nenas que participan na Escola de Cociña municipal do Concello de Ponteceso aprenderon esta semana como realizar dous postres. Os que forman parte do grupo de Ponteceso fixeron magdalenas, mentres que no caso do grupo de Corme realizaron tarta de selva negra. Trátase dunha actividade de gran éxito entre os pequenos e pequenas debido a que elaboran os pratos ou postres de forma conxunta, gracias á colaboración dos donos de varios locais que imparten as clases altruistamente.

Alumnas da escola de Cocina de Ponteceso

Comentarios