#8M: Feminismo en pé convoca a gran mobilización feminista de Bergantiños
Unha manifestación que partirá o mércores 8 de marzo, ás 20:00h do IES Eduardo Pondal e chegar ata a Praza do Recheo de Ponteceso. Unha mobilización na que esperan contar con organizacións e colectivos sociais da contorna, e coa participación de toda a veciñanza.
Manifesto
As bergantiñás queren recuperar o espírito co que as traballadoras e revolucionarias marcaron esta xornada como día de loita” dende hai máis dun século. Recollemos neste día o legado de todas estas mulleres e denunciamos os abusos do patriarcado saíndo á rúa, ocupando o espazo público, advertindo que non imos retroceder nin un só chanzo na loita polos nosos dereitos, denunciando o machismo e a misoxinia que aínda hoxe seguen arraigados nas institucións.
Saímos a rúa porque continuamos en loita para conquistar o recoñecemento e a igualdade de todos os dereitos e reivindicar un futuro digno para todas, porque vemos como os dereitos que criamos consolidados están a ser cuestionados e non o imos permitir.
Saímos a rúa para esixir unha sanidade digna e respectuosa para a nosa realidade, para esixir medidas reais e dotadas dos recursos necesraios para rachar coa fenda salarial e o teito de cristal.
Saímos a rúa porque sabemos que é necesario visibilizar a nosa loita para xuntar esforzos, atoparnos na a sororidade e a solidariedade entre as mulleres para acadar a fin da desigualdade da nosa sociedade.
Novas do 8M
- Carnota: 8M: As mulleres de Sonlilá homenaxean a Marupe cunha cadea de mulleres.
- #8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres
- 8M Carballo: "Na nosa contorna máis inmediata hai mulleres que son referentes nas súas profesións” (entradas esgotadas)
- 01-02-2023: Carnota chora o pasamento de Marupe.
- 8M 2022: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.