Os 9 concellos costeiros que teñen técnicos de Normalización gracias ás axudas da Deputación
07:48 23/01/26
Carballo, Muros e Ponteceso por separado, e Carnota e Mazaricos, Corcubión e Fisterra, así como Dumbría e Zas, en parella, son os Concellos que se benefician das axudas da Deputación da Coruña para manter vivo o Servizo de Normalización Lingüística municipal.
A área que dirixe a deputada de Lingua, Sol Agra, destina 540 000 euros (tremendo que os concellos non cheguen a esgotar a cantidade ofertada) a impulsar uso do galego no ámbito administrativo e social, financiando a contratación anual de persoal técnico a xornada completa.
A da Serra de Outes destaca que “o persoal técnico de normalización lingüística desempeña un papel fundamental para facer efectivo o dereito da cidadanía a vivir en galego, e desde a Deputación entendemos que apoiar estes servizos é unha achega imprescindíbel neste senso”.
Programas como o de Apego desenvólvense gracias a estes profesionais.


