xoves. 08.05.2025
El tiempo

A ANPA A Granxa fai campaña pola xornada única

A ANPA A Granxa fai campaña pola xornada única
Proposta de Xornada Unica para o CEIP Bergantinos A NAPA A Granxa entregou trípticos ás familias do CEIP Bergantiños sobre a Xornada Única

Arrinca a campaña electoral, si, de novo, pero por Carballo andan coa cabeza noutra cousa. Os pais e nais da ANPA A Granxa do CEIP Bergantiños están en plena campaña informativa sobre a xornada única. Unha loita das ANPAS que segue en pé, despois de que en Ponteceso non saíu adiante pola falta de quorum.

As votacións no colexio carballés están previstas para o día 22 de 09.15 a 22.00 horas, e para que as familias estean ben informadas, a ANPA distribúe entre as 650 familias do colexio un tríptico informativo. O reparto realizouse hoxe no propio colexio, onde continúan as sesións informativas organizadas polo propio centro. A última terá lugar o luns 13 ás 20.00 horas..

No tríptico entregado ás familias, a ANPA A Granxa explica en que consiste a xornada única, por que se pide, cal é o proxecto educativo que se desenvolverá e cales son as vantaxes. O obxectivo das iniciativas promovidas dende a ANPA é mobilizar ao maior numero posible de pais e nais de cara ao día 22, xa que para conseguir a xornada única é imprescindible o voto favorable do 58 % das familias, que é un total de 301 familias.

Dende a Anpa recomendan as familias que se acerquen ó centro para comprobar que os datos do censo de familias son correctos, ou no caso contrario se poidan facer as modificacións oportunas dentro do prazo de rectificacións.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios