sábado. 09.11.2024
El tiempo

A arqueoloxía social que descobre murallas

A arqueoloxía social que descobre murallas

Xa temos os primeiros resultados da I Xornada de Voluntariado das Croas de Niñóns, un novo exemplo de vangarda arqueolóxica dende a Costa da Morte. Numerosos voluntarios se achegaron ata o xacemento, en Ponteceso, para poñerse a traballar no desbroce da zona. Dirixidos polo equipo formado polo arqueólogo Xurxo Ayán e o divulgador Manuel Gago, ao longo do sábado puideron espir boa parte do castro.

E os avances son claros, e só a base de limpar a zona. Pero é que "os traballos de roza son o que teñen, un espesor histórico moi grande: atopas unha grilleiras dos anos 40 dos canteiros ou detalles das murallas de hai 2.000 anos, que é o interesante", resalta o propio Xurxo.
Pola súa parte Gago valora que "cada parroquia é un mundo", destacando a gran cantidade de datos descubertos durante a fin de semana.

I é que ademais da doble muralla, o grupo deixo á vista un torreón rectangular e a posible ubicación da porta. Todo un avance. Eles nolo contan:


A limpeza

E lembren a importancia do desbroce, como nos recorda o propio Gago: "Limpar anualmente un sitio arqueolóxico de xeito colectivo -creando xornadas que combinen actividades culturais coas tarefas de limpeza- é unha tarefa positiva en moitísimos aspectos: gratificante, porque o resultado adoita ser espectacular e comprensible; física, porque axuda a queimar calorías; divertida, porque é un traballo festivo, como era a colleita para os nosos avós; positiva, porque achega cohesión á comunidade e vínculos co monumento; valiosa, porque recupera os monumentos do territorio. Só con limpar, só con recuperar a tradición do traballo comunitario que tivemos desde séculos en Galicia, os nosos territorios vólvense máis ricos e nós unímonos máis".

A ver se tomamos nota e o promovemos máis dende casa.

Inscrición

A vindeira Xornada de Voluntariado nas Croas de Niñóns que artella o Concello pontecesán, será o 28 de setembro. Xa se poden ir inscribindo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Croas de Ninhons Videos

Comentarios