A Coral San Eleuterio de Tella na Catedral de Santiago


Cando mellor para facer unha mención a unha das corais máis senlleiras da Costa da Morte que esta fin de semana. Fin de semana pre-nadal, datas nas que a música coral invade a bisbarra. De feito, esta fin de semana hai nada menos que 3 certames nas nosas vilas: en Cabana co Festival As Nosas Músicas, en Corcubión co Certame de Nadal, e en Baio co Festival Pepe Valiña.
Pero hoxe viaxamos de Ponteceso ata Compostela. Ata alí imos da man da Coral San Eleuterio de Tella. De feito aí os vemos na Catedral de Santiago logo de seren recibidos no claustro do San Martiño Pinario, e tras darlle a aperta a o Apóstolo.
Foi esta unha viaxe moi especial para os membros da Coral e para os veciñs de Tella. E así o corrobora a concelleira Susana Cousillas, que acompañou a expedición.
Novas relacionadas
- Un concerto de corais abrirá un programa de Nadal en Cabana que vai polas parroquias.
- Baio prepárase para o VII Pepe Valiña.
- Baile, corais e moito deporte no Nadal corcubionés.
- A bitácora da semana (LVII): O blog da Coral de San Eleuterio de Tella .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).