xoves. 01.05.2025
El tiempo

A Danza invade a Costa dende Ponteceso

A Danza invade a Costa dende Ponteceso
Presentacion da Escola de Danza en Ponteceso

O pasado mércores 30 de marzo de 2011 tivo lugar a novedosa presentación da Escola Municipal de Danza de Ponteceso. Trátase dunha iniciativa cultural única na Costa da Morte, que chega para revolucionar o eido cultural da bisbarra, non moi afeito a propostas relativas ao mundo da danza.

O acto de onte, que se celebrou no pavillón municipal en Ponteceso, consistíu na realización dunha clase de danza e exhibición de danza clásica e contemporánea por parte do Centro Coreográfico Galego, da man da súa directora, Mercedes Suárez.

Ao acto acudiron os alumn@s dos colexios do Concello de Ponteceso, así como moitos dos seus familiares e interesados na proposta.

Curso anual de danza

O desafectado antigo Centro da ESO acollerá a escola de danza permanente. Ademais, o Centro Cultural levará un ximnasio municipal, a Aula Municipal de Música e diversas aulas didácticas para a realización de cursos e actividades minoritarias.

No vindeiro mes de setembro abrirase o prazo para a inscrición para a escola que contará con profesorado do Centro Coreográfico Galego. As clases desenvolveranse durante todo o ano pois xa se sabe que falamos dunha disciplina que require un adestramento periódico.

Casa da Cultura

E por se fora pouco, dentro de dúas semanas, o Concello abrirá a Casa da Cultura, que acollerá a Biblioteca e tamén a Aula de informática xunto co Museo do Xogo Popular Galego.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso e a Concellería de Cultura de Ponteceso.

Comentarios