venres. 09.05.2025
El tiempo

A Deputación destinta financia con 100.000€ as obras de reparación da ponte da Garga

A Deputación destinta financia con 100.000€ as obras de reparación da ponte da Garga
reparacion-ponte-garga-ponteceso reparacion-ponte-garga-ponteceso O deputado da área de cooperación cos concellos - Xosé Regueira Varela - e o alcalde de Ponteceso - Xosé Lois García -, asinaron este venres o convenio que permitirá o financiamento das obras de reparación e consolidación da ponte da Garga, afectadas polas riadas do pasado ano. A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras con 100.000 €, o que supón o 56,59 % do total do orzamento da obra que se completará coa achega de 77.000 € a través do Plan Único de Concellos. As obras iniciaranse no mes de agosto e está previsto que se prolonguen durante dous meses. Sobre a ponte da Garga realizáronse actuacións de emrexencia polo perigo de derrube en que quedaron despois das riadas pero a súa situación provocou que se impedira o tráfico rodado, o que obrigou á veciñanza da parroquia de Anllóns a facer un rodeo de máis de catro quilómetros. A ponte data do século XIX eleva máis de un ano pechada ao tráfico de vehículos debido ás deficiencias estruturais que presenta tras verse afectada polos temporais e a crecida do río na primavera do ano pasado. Estudo técnico Tras ter realizado un estudo técnico dos danos que presenta a ponte, tanto na superficie como no seu asentamento subacuático, as obras consistirán no recalce da cimentación, o retacado e peche de gretas e ocos, a colocación de tirantes de aceiro para atar e reforzar a pila e a inxección de aglomerantes. Os traballos incluirán ademáis a desmontaxe parcial e posterior montaxe de pretiles e cornisa, así como da sillería do tajamar, o espolón e sombreretes da ponte. Tamén se reforzará a estrutura cunha rosca de formigón con barras de aceiro que atarán os cinco aneis que compoñen as bóvedas transversalmente. Esta armadura permitirá que a ponte resista nun momento dado unha sobrecarga excepcional, xa que a rosca ábrese e péchase unha vez deixe de actuar a sobrecarga. As obras inclúen a eliminación da vexetación e das pequenas árbores enraizadas na ponte e a retirada das tuberías que colgan das cornisas e a pavimentación da calzada sobre a ponte, que será reconstruída cunha nova rasante lixeiramente alomada ( o centro da ponte situarase 5 cm. máis alto que as entradas) para facilitar o desagüe da auga de choiva. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña

Comentarios