Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A Deputación farase cargo en tres meses da reparación da Ponte da Garga

A Deputación farase cargo en tres meses da reparación da Ponte da Garga
A Pomte da Garga será amañada en breve A Pomte da Garga será amañada en breve

Xa leva máis dun ano pechada ao tráfico, e son varios os anos de denuncias sobre o seu pésimo estado. Pero parece que a ponte da Garga, unha estrutura do século XIX, xa ten solución. A Deputación da Coruña investirá 177.000 euros nas obras de reparación da ponte pontecesá, que se completará con outros 77.000 euros incluídos entre as achegas do Plan Único por parte municipal.

O Plan serña aprobado o vindeiro 30 de xuño e prazo de execución das obras é de tres meses.

Datos da obra

As obras consistirán no recalce da cimentación, o retacado e peche de gretas e ocos, a colocación de tirantes de aceiro para atar e reforzar a pila e a inxección de aglomerantes.
Os traballos incluirán ademais a desmontaxe parcial e posterior montaxe de pretiles e cornisa, así como da sillería do tajamar, o espolón e sombreretes da ponte. Tamén se reforzará a estrutura cunha rosca de formigón con barras de aceiro que atarán os cinco aneis que compoñen as bóvedas transversalmente. Esta armadura permitirá que a ponte resista nun momento dado unha sobrecarga excepcional, xa que a rosca ábrese e péchase unha vez deixe de actuar a sobrecarga.
As obras inclúen a eliminación da vexetación e das pequenas árbores enraizadas na ponte e a retirada das tuberías que colgan das cornisas e a pavimentación da calzada sobre a ponte, que será reconstruída cunha nova rasante lixeiramente alomada ( o centro da ponte situarase 5 cm. máis alto que as entradas) para facilitar o desagüe da auga de choiva.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios