Pondal puxo Ben a todo O Couto coa última sesión saudable e gastronómica
09:38 20/12/10
Esta fin de semana tivo lugar a derradeira mesa informativa da última sesión do programa saudable PonteBEN!!, que desenvolveu a Fundación Eduardo Pondal durante tres sesións deste mes de decembro. Esta última sesión foi a máis completa de todas dado que, á parte da interevencións programadas, recuperouse unha sesión de podoloxía disposta para o primeiro día.
Así, os veciños puideron aprender coas seguintes propostas saudables. Juan Lista García desenvolveu unha actividade física de Pilates. José Manuel Mato
e Isabel Quintela Fariña falaron sobre seguros de saúde. Continuaron Noelia Pereira Parga e María del Carmen García García falando sobre a temática de podoloxía.
Finalmentem o chef do coñecido restaurante coruñés Artabria, Juan Jesús Mato Bermúdez, elaborou o amplo catálogo de pinchos saudables que se degustaro ó remate da tarde. O peche foi coa entrega de diplomas tanto a relatores como aos 50 asistentes ás xornadas.
Na foto vemos de esquerda a dereita, a María del Carmen García García, Juan Jesús Mato, Noelia Pereira Parga, Luís Antonio Giadás, Isabel Quintela Fariña, José Manuel Mato e Juan Lista García.
Novas relacionadas
- Máxica noite con Kepa Junquera e Pazos de Merexo no Couto.
- Campaña de Nadal conxunta e en galego.
- Pondal PonteBen.
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal da man de Xosé Manuel Varela.