A limpeza do río Anllóns será a primeira medida para evitar as enchentes en Ponteceso
08:08 14/04/16
Diego Calvo e Xose Lois Carballido mantiveron unha reunión para abordar as enchentes de Ponteceso
Co fin de evitar situacións como as vividas nos últimos dous temporais de choiva en Ponteceso, a Xunta acaba de confirmar que limpará o río Anllóns ao seu paso pola vila co obxecto de paliar, na medida do posible, que se desborde tal e como sucedeu recentemente. Así o vén de anunciou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, durante unha reunión co alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, na que analizaron diferentes cuestións pendentes de mellora no municipio.
“Unha empresa contratada pola Xunta retirará todos os troncos que caeron ao río por mor dos temporais”, explicou Diego Calvo, que atendeu tamén a petición do alcalde de traballar na limpeza da zona de O Xuncal. Neste senso, García Carballido lembrou que o pleno do seu concello aprobou por unanimidade unha moción na que se demandaba axuda da Xunta, da Deputación e do Goberno do Estado aos afectados polas últimas inundacións.
Ademais, ambos mandatarios abordaron cuestións como as obras de mellora pendentes no PAC de Ponteceso, ou a solución dos problemas de saída de sólidos na depuradora de Corme. O alcalde, ademais, reclamou a mediación do delegado ante Portos de Galicia para unha serie de reparacións pendentes na avenida da Marina, tamén en Corme.
Plan de Sendas
Durante o encontro, o delegado da Xunta lembrou que a consellería de Infraestruturas e Vivenda incluíu na primeira fase do Plan de Sendas a denominada Xornes-Buño-Cantalarrana, cunha lonxitude de máis de dous quilómetros, e comprometeuse co alcalde a estudar a posibilidade de proxectar algunha máis no concello de Ponteceso en vindeiras actuacións. O plan, tal e como anunciou a conselleira Ethel Vázquez nunha recente visita a Cabana de Bergantiños, prevé nesta comarca a execución de 9 quilómetros ao longo de sete sendas peonís: Carballo-Polígono industrial de Bértoa; Laracha-Paiosaco; Carballo-Coristanco; Laracha-O Cancelo; Laxe-Equipamentos-P.Marítimo; Xornes-Buño-Cantalarrana; e Neaño-Cabana. O investimento previsto para as obras é de máis de 4 millóns de euros.
Novas relacionadas
- Unha comisión de afectados intermedia na solución das inundacións en Ponteceso
- Ponteceso abre o pleno aos veciños e ás actividades empresariais
- Critican ao goberno de Félix Porto pola falta de previsión ante as últimas inundacións
- Ana Pontón visita Carballo tralas inundacións
- As chuvias volven provocar numerosas incidencias na comarca
- Santa Comba sufriu accidentes, cortes de tráfico, inundacións e derrubamentos polas chuvias
- Esíxenlle ao concello de Muxía que solucione o problema das inundacións en Suxo
- O concello de Vimianzo estuda medidas para paliar os danos causados polos temporais
- Unha forte tromba de auga anega ducias de comercios e garaxes na Costa da Morte
- O primeiro temporal de 2016 en imaxes.
- Redacción QPC ([email protected]).
- Xunta