sábado. 04.07.2026
El tiempo

Acondicionan a senda peonil que une as praias do Osmo e A Ermida

FOTO PONTECESO- Senda praias 2
Acondicionan a senda peonil que une as praias do Osmo e A Ermida

A día de hoxe xa hai unha corredoira, un sendeiro utilizado polo Camiño dos Faros, pero en breve será unha senda accesible. Así o anuncia o Concello de Ponteceso, que dá conta da execución da primeira fase da nova senda peonil que conectará as praias do Osmo e A Ermida.

Esta primeira fase do proxecto permitiu mellorar a conexión entre ambos os areais, favorecendo a mobilidade peonil e contribuíndo á posta en valor dun dos espazos costeiros máis singulares de Ponteceso.

As obras foron executadas grazas a unha subvención da Axencia Galega de Turismo, unha colaboración que o rexedor cualificou de "esencial para continuar poñendo en valor o noso litoral e ofrecer tanto á veciñanza como ás persoas que nos visitan espazos máis accesibles, sostibles e atractivos".

Comentarios