Sábado. 21.09.2024
El tiempo

A mocidade de Ponteceso esixe ao goberno municipal colaboración para dinamizar a vida nocturna

A mocidade de Ponteceso esixe ao goberno municipal colaboración para dinamizar a vida nocturna
Asociacion Eventos de Ponteceso co alcalde Imaxe da reunión entre a Asociación Eventos de Ponteceso e o alcalde

Tira a mocidade de Ponteceso do Goberno municipal. Os membros da Asociación Eventos de Ponteceso, organizadores da Festa da Barquiña, entre outras, tiveron unha reunión co alcalde Lois Carballido e o Concelleiro de Festas José Manuel Pouse Verdes. Unha reunión na que os membros da entidade expuxeron os proxectos nos que levan traballando varios meses, facendo estudos de poboación polos concellos de Carballo, Laxe, Zas, Vimianzo, A Laracha, Malpica, Cabana de Bergantiños e Coristanco, e que pronto coñeceremos.

Uns estudos que serven para ter unha base demográfica sobre a que traballar para recuperar a vida nocturna que sempre tivo a vila.

Nese sentido, e compendendo a situación financieira do Concello, a Asociación non está a pedir financiamento, “senón un traballo en grupo”. Así o recoñece o seu presidente Álvaro Domínguez . Por iso, solicitan que colaboración municipal “nos proxectos que como goberno “empresa” que son deben ter para a vida nocturna e lecer en Ponteceso”.

”A reunión foi favorable e pronto nos volveremos a reunir na que chegaremos a un posible acordo con colaboración cara aos proxectos. As nosas intencións son impulsar o a noite e o lecer en Ponteceso, esperemos que colaboren connosco”, relatou Domínguez.

Fonte

Comentarios