Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A música e a diversión chegan os domingos a Ponteceso

A música e a diversión chegan os domingos a Ponteceso
manolo-couto-cantante-ponteceso O cantante Manolo Couto actuará este domingo, a partir das 19:30 horas, no Edificio das Escolas de Ponteceso "Domingos de Lecer" é o nome da nova iniciativa da  Concellería de Servizos Sociais dePonteceso - dirixida por Isabel Vuelta  - que chega unha serie de proposta abertas a todos os públicos e que suman ás habituais citas musicais, que cada domingo congregan a centos de veciños e veciñas no centro cultural de Ponteceso e no Fogar do Pensionista de Corme. A nova programación inclúe ademais un concerto musical e un espectáculo teatral dirixido ao público en xeral. A primeira cita terá lugar esta mesma semana. O domingo 29, a partir das 19:30 horas, o encargado de poñer o ritmo sobre o escenario será o cantante e compositor galego Manuel Couto, que ofrecerá un concerto no salón de actos do Edificio das Escolas de Ponteceso para presentar o seu 5º disco - "Las coplas que nunca mueren" - un traballo recompilatorio cos mellores temas da canción española. A entrada será libre e de balde. Outra das sorpresas do mes de maio será a que dean As Avoas de Laxe Teatro nun espectáculo interxeracional que promete ser moi divertido, enxeñoso e cheo de sabedoría. Será o día 13, ás 19:30 horas, nas Escolas Municipais da vila. O domingo 6 de maio, o baile e a música encherán de novo o Centro Cultural de Ponteceso coa actuación do Dúo Manu e Alberto Madaira. Ademais de música en directo, os xogos e as conversas entre amigos/as ocuparán boa parte das actividades que se desenvolverán de 6 a 9 da tarde. A programación dos Domingos de Lecer rematará o día 27 nas instalacións do Fogar do Pensionista de Corme ao son do dúo formado por Carlos Manteiga e Melchor (ex-cantante de Los Satélites). Fonte

Comentarios