A música e a literatura volve encher a Fundación Eduardo Pondal

Quinta sesión, e quinto cheo no marco do XIX Simposio Pondaliano da Fundación Eduardo Pondal. Sábado ou mércores, non importa. A veciñanza do Couto e de toda a comarca de Bergantiños sempre responde ás actividades desta aldea global, e onte tocoulle corroboralo ao mesmo Manuel Rivas, que así de feliz bailaba, zapatos en man, ao son do Cé Orquestra Pantasma, unha das xoias musico-festexeiras do noso país.

Rivas estivo máis divertido ca nunca, e fixo da historia de “O raposo e a mestra” o argumento da súa intervención, só interrumpida polos aplausos dos asistentes.

Pechou a sesión un dos nosos grandes músicos da zona, o ceense Fernando Fraga que presentaba o seu primeiro disco “Folcromías”. O director da Escola de Música de Cee sacou o acordeón e entonou varias das pezas do seu primeiro traballo en solitario, pero cómpre recordar que xa ten participado en moitos discos internacionais.

Programa do Simposio

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).