A Pondal encantánlle as mazás
Novedosa, coma sempre, a iniciativa que esta fin de semana artellaba a Asociación Cultural Monte Branco e a Fundación Cultural Monte Branco no Couto. A Xornada das Maceiras abriu o espazo para pequenos e maiores botasen a imaxinación a percorrer os sendeiros da vila de Pondal.
As mazás eran as protagonistas, e así o viviron os pequenos durante toda a mañá. Os obradoiros e a literatura, sempre en clave verde, fixeron sacar a máxia imaxinación da canteira pontecesá.
Abriu as sesións un dos debuxantes "Pinto e Chinto", coa presentación lúdica do libro "A maceira" que daba calquera cousa menos mazás para a que se contará coa colaboración da Editorial Everest.
A mocidade do Couto xa está para compartir coñecemento e así, as Beatriz Fernández Cortizas e Sofía Araceli González Fondo impartiron obradoiros con mazás.
A xornada lúdica pechouse co chantadino Anxo Moure, quen fixo vibrar aos máis novos coas historias de Paquilinda, A Trasna Maceira.
Cociñando con Xoán Mato
A tarde era momento xa para os non tan novos. Ademais dun obradoiro de escanciado de sidra, fundamental, a lareira da Fundación foi tomada polo cociñeiro local Xoán Xesús Mato, que fixo unha “Sesión ininterrompida de cociña e repostería con mazás”.
Entrementres, no salón de actos da Fundación desenvolveuse unha sesión técnica sobre mazás e maceiras. A apertura correrá a cargo de Luís Antonio Giadás Álvarez coa intervención “Importancia histórica da produción da mazá. O cultivo das mazás nas terras de Almerezo”. E de contado, o propio Giadás presidiu a mesa redonda titulada “Recuperando a froita do país”. Falaron distintos técnicos como José Souto Pérez (enxeñeiro técnico da Consellería de Medio Rural); José Antonio Meijide Fernández (enxeñeiro técnico e profesor do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, da Consellería de Medio Rural); Eladio Novoa (enólogo), e Ramiro Martínez Picos (compoñente da Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume AGFA).
Novas relacionadas
- As mazás de Bamiro, Denominación de Orixe.
- Mandeo Recors invade Bergantiños.
- A Fundación Eduardo Pondal efectúa o seu ingreso definitivo na ACAMFE.
Fonte
- Nota de prensa da Asociación Eduardo Pondal.
- Fotos de Xosé Manuel Varela.