Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta apura o proceso de concentración parcelaria de Cores-Nemeño

A Xunta apura o proceso de concentración parcelaria de Cores-Nemeño

Varios puntos de interese para a vida municipal pontecesán trataron na mañá de onte a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, co alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo.

O rexedor aproveitou a reunión para trasladarlle as demandas do Concello ao Executivo galego, que pasan fundamentalmente pola finalización do proceso de concentración parcelaria de Cores-Nemeño, que se atopa na última fase e no que a Xunta está a investir máis dun millón de euros.

"Creando emprego"

Neste senso, a máxima representante do Executivo galego na provincia destacou o compromiso da Xunta coa creación de emprego e lembrou que o Concello conta este ano cunha subvención de 166.221 euros para a contratación de 26 persoas desempregadas para a realización de obras e servizos de interese social. Trátase dos fondos achegados pola Consellería de Traballo e Benestar aos concellos a través do Plan de Cooperación, que este ano incrementou a partida para o municipio en máis de 16.000 euros respecto ao 2010.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios