venres. 02.05.2025
El tiempo

A Xunta reitera o compromiso económico coa Fundación Eduardo Pondal

A Xunta reitera o compromiso económico coa Fundación Eduardo Pondal
Ovidio Rodeiro con Xose Maria VarelaOvidio Rodeiro con Xose Maria Varela Ovidio Rodeiro con Xose Maria Varela

Que importante é ter apoios das administracións para armar cousas. E ben o saben na Fundación Eduardo Pondal, unha das que mellor aproveita os recursos que tanto custa conseguir. Son máis de 35 anos para que dende arriba fagan caso e metan unha man dende o eido económico, e agora toca rendibilizar toda esa bagaxe.

Así llo corroborou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, ao presidente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé María Varela, con que falou do presente e do futuro da entidade radicada en Ponteceso. Rodeiro trasladoulle ao presidente da fundación o compromiso que mantén o Goberno galego coa institución.

Varela aproveitar para facer especial fincapé nos actos de celebración do centenario da morte, que aínda que tivo o seu momento de máxima actividade no mes de marzo, séguense a desenvolver durante todo este ano.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios