Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta tamén rexeita construír unha residencia e centro de Día en Ponteceso e invita ao Concello a abrir un privado

A Xunta tamén rexeita construír unha residencia e centro de Día en Ponteceso e invita ao Concello a abrir un privado
Centro de Dia de Cabana O Centro de Día de Cabana ten lista de espera

Unha das meirandes necesidades desta envellecida comarca segue a ser as residencias e os centros de día. Eses espazos onde os nosos maiores poidan estar ben atendidos, ben as 24 horas, ou ben ao longo do día sen perder o seu fogar, as súas raíces. Pero parece que a Xunta non está moi pola labor de facilitalo. Xa negou a posta en marcha dun Centro de Día en Corcubión, a pesar da insistencia dos técnicos da área, e só Cabana e Muros dispoñen do servizo diúrno, mentres que Vimianzo conta cunha completa residencia xeriátrica.

Pero como o centro cabanés ten unha longa lista de espera, a comarca de Bergantiños necesita unha nova residencia con centro de día. Así llo trasladou onte o goberno municipal de Ponteceso, da man do alcalde, Lois García Carballido, e da concelleira de Servizos Sociais, Isabel Vuelta, á conselleira de Política Social, Fabiola García. Os pontecesáns consideran unha “necesidade prioritaria” a creación deste servizo. “Dende os Servizos Sociais traballamos a diario cun sector de poboación cada vez máis envellecido, que vive só, bastante illado, e o Servizo de Axuda no Fogar non resolve toda a problemática que presentan as persoas maiores”, argumenta Isabel Vuelta.

Outra negativa da Xunta

Pero como aconteceu con Corcubión, a Xunta respondeu que este tipo de recursos só están previstos nas grandes cidades. Máis grave foi aínda a proposta de Política Social, que instaron ao Concello a que negocie cunha empresa privada a construción do edificio e a consellería facilitaría o acceso das persoas usuarias mediante cheques asistenciais.

En todo caso, o Concello xa se puxo en marcha para levalo acabo.

Escola infantil

Entre as prioridades, tamén solictaron a ampliación da escola infantil para evitar que, como ocorreu este curso, haxa nenos/as que quedan sen praza e sen alternativa no seu concello. A Xunta comprometeuse a facer un seguemento das matrículas para ver se é constante ou foi unha suba puntual, para afrontar a posible ampliación.

Albergue Xuvenil

Así mesmo o Concello de Ponteceso solicitou á Consellería de Política Social a construción dun albergue xuvenil, xa que o máis próximo está situado a máis de 70 quilómetros de distancia. “Contamos con tres praias de bandeira azul e unha situación privilexiada para ofrecerlles aos mozos actividades variadas de ocio e aventura. Sería outro recurso idóneo _argumenta o goberno municipal_ para afianzar poboación, por en valor o rural e a natureza e dar alternativas á poboación xuvenil”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-xunta-volve-negarse-a-poner-en-marcha-o-centro-de-dia-de-corcubion/ https://quepasanacosta.gal/os-tecnicos-de-servizos-sociais-da-comarca-de-fisterra-trasladaron-a-deputacion-a-necesidade-de-abrir-o-centro-de-dia-de-corcubion/ https://quepasanacosta.gal/estudan-recuperar-a-reitoral-de-artes-e-convertila-nun-centro-de-dia-para-doentes-de-alzheimer/

Comentarios