Abelleriza organiza un obradoiro de Tai Chi Chuan en Ponteceso
08:05 28/03/17
Este venres, día 31, ás 20 horas terá lugar no edificio das Escolas de Ponteceso (frente ao IES da vila) un obradoiro de Tai Chi Chuan co fin de dar a coñecer esta arte marcial así como os beneficios que ten para a saúde.
O obxectivo que persegue a agrupación deportiva Abellariza IES Ponteceso - entidade organizadora - é incrementar o número de participantes nesta actividade que ven realizando dende fai uns meses e que goza de moi boa aceptacióin.
Os interesados en participar no obradorio poden enviar unha mensaxe privada a través da páxina de Facebook da entidade, chamando ao número de teléfono 686 02 06 53 en horario de tarde ou enviando unha Whatsapp ou tramén escribindo un mail a [email protected].
Novas relacionadas
- Abellariza organiza un curso de Tai Chi Chuan
- Abellariza organiza un taller de Tai Chi Chuan en Ponteceso
- De ruta con Abellariza
- Abellariza aposta polo deporte na rúa
- A agrupación deportiva Abellariza colle impulso.
- Unha Abellariza para que non todo sexa fútbol por Ponteceso
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Abellariza