![trail terras de pondal]()
As terras de Ponteceso acollen o vindeiro domingo 21 de agosto o
II Trail Terras de Pondal que, como novidade, cambia o lugar de saída e a meta. Nesta ocasión, os participantes citaranse na praza do Pan de Corme-Porto.
O Trail conta con
dous percorridos: un curto - de 15 quilómetros e de 1200 metros de desnivel acumulado - e outro longo -de 24 quilómetros e de 2000 metros de desnivel acumulado -. Máis de 100 corredores xa fixeron as súas inscricións. Os interesados e interesadas en participar poden inscribirse ata o martes día 16 a través da
páxina oficial. A organización, que corre da man do clube Brigantia Aventura, establece un límite de 300 participantes.
"Son percorridos espectaculares para os sentidos", indican dende a organización. A saída será dende a praza do Pan de Corme continuando pola rúa principal para chegar ata a praia Arnela, Osmo, Ermida e Balarés e coroas o Alto das Travesas onde se bifurcarán ambos percorridos. O curto emprenderá o camiño de volta por pistas para chegar de novo á meta. O longo continuará polo camiño da Vitureira para subir ao monte do Ríos e ao da Serra. Os corredores subirán ata o faro de Brantuas para logo baixar ata o areal de A Barda e subir novamente ata a aldea de Guxín. Dende alí, volverán para Corme-Porto.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)