Martes. 15.10.2024
El tiempo

Adrián ConVdeValarés: "Poñemos un lugar de 3 casas no panorama musical nacional"

Adrián ConVdeValarés: "Poñemos un lugar de 3 casas no panorama musical nacional"

Quedan apenas 4 días para o Festival Con V de Valarés, e dende o Colectivo organizador xa o teñen case todo perfilado. Ollo que se trata dun auténtico festivalón, e que nesta 6ª edición pega un salto mediático, e sobre todo, de infraestrutura.

Unha das cousas que máis alegra aos organizadores é que hai moitas entradas vendidas a xente de toda a xeografía española, o que reafirma ao festival pontecesán como unha referencia na música indie do panorama nacional. "Estamos vendendo moitas entradas para xente de fóra de Galicia, e isto, para un lugar tan pequeno como Valarés, é todo un orgullo. Hai moitos festivais na zona, pero este é un produto diferenciado, e xa ten etiqueta V", destaca Adrián Varela, un dos seus organizadores, co que falamos un rato sobre a cita deste sábado 18 de agosto.

Grupazos como Sex Museum, Fuel Fandando, Rubick ou Grises estarán este sábado no ConVdeValares
  • QPC: Buenas, Adrián. Este ano, o 6º, pegades un salto, cando menos mediático, con referencias como Sex Museum ou Fuel Fandango?

Pois a verdade é que musicalmente é un salto de bastante calidade. Seguimos coa idea de meter bandas novas, non de todo coñecidas pero que de seguro se darán o salto. Como Rubik, Grises ou Dolores, mesmo que xa contratamos hai un ano e este 2012 xa son a mellor banda independiente a nivel nacional. Iso si, sempre apoiados con grupos de nivel, e os Sex Museum e Fuel Fandango dende logo que o son.
Podedes estar atentos ademais ás redes sociais, porque haberá unha sorpresa musical importante o sábado no escenario....

Pero onde si que damos un gran salto de calidade é en infraestruturas. Este ano faremos o festival ao aire libre, e contaremos cun aparcadoiro enorme, de balde e vixiado, un fantástico servizo de autobuses, unha fermosa zona de acampada, terraza chillout iluminada, unha tremenda zona vip de Estrella Galicia...


Para nós é o 2º ano e a difusión é bestial. Ademais de estar en todas as canles de comunicación e redes sociais da Estrella, ábrenos un abano a outros festivais de Galicia para aprender a organizalos, pois temos contacto con grandes citas, e para nós é un escaparate para colocar Ponteceso e Valarés, que só ten 3 casas, no panomara musical galego e mesmo español.


  • QPC: E non todo será música. Acampada no piñeiral da praia de Valarés, arte gráfica, creación audiovisual... Cóntanos cóntanos que máis engloba o ConV.
  • Queremos ofrecer unha serie de diferentes alternativas para pasar un día completo en Valarés. Este ano reforzamos o EcoValarés coas rutas dos V buses concienciando a xente de que hai que usar o transporte colectivo e reducindo impacto ambiental, pero seguimos creando máis cousas que veñen cerrando un círculo.

    Por exemplo o V Parade, que se trata dun proxecto creativo no que varios artistas de toda Galicia van pintar uves de madeira feitas por nós, que van crear unha exposición que fará que Valarés non sexa só un día, senón que será recoñecido durante 1 ano. De momento é unha semente, e pouco iremos reforzando, pois como todo imos botando sementes, vendo como pulsa a xente e nos vindeiros anos imos reafirmando as ideas que funcionan./p>

    Tamén teremos o Mercadillo. Pero queríamos e creo que conseguimos, un mercadillo que non fose unha feira medieval nin de artesanía tradicional, senón un mercadillo relacionado co mundo da música: hai xentes de Uurense, Madrid, Bilbao, mesmo de por aquí, que fan cousas relacionadas co indie, co pop, reciclando historias. Serán produtos diferenciados relacionados coa música.

    Outra das actividades paralelas será o Costa Curta. Unha idea na que xa levamos moitos anos traballando, traendo curtas premiadas en varios festivais e unilos en dous contedores de barcos e proxectalos xuntos. É algo moi sinxelo pero tamén moi laborioso, pois escollelas curtas, presentalas... leva o seu tempo. Nun futuro poderá ser un concurso, pero haberá que ver como respira á xente.

    Como novidade, temos a exposición de varios murais de azulexo de Lar. E estamos traballando en conseguir outras actividades relacionadas cos deportes náuticos que permitan á xente disfrutar tamén da paraxe, así que podedes seguir a través das rrss.


    • QPC: Como vai a venta de entradas pola rede?

    A verdade é que vai moi ben. E unha das cousas que máis nos sorprende é que vai virmoita xente de fóra de Galicia. Sorprende porque Valarés é moito, pero non é nada, e que alguén se desprace 400km a un lugar tan pequeniño é un orgullo, e creo que algo estamos facendo ben.


    • QPC:E imos coas cousas máis prácticas. Este ano ata poderemos deixar o coche na casa, non si?

    O das Rutas do V Bus esperamos que sexa un éxito. Conseguimos rutas dende toda a zona, dende Corme, Malpica, Carballo, Laxe, Vimianzo, Coristanco... Esperemos que a xente deixe o coche na casa, traia a tenda de campaña, e veña disfrutar. As rutas V Bus sairán ás 10:00h do sábado de todos eses sitios e volverán o domingo á mesma hora.


    • QPC:Canto custan as entradas?

    Aínda, ata o venres se poden mercar as entradas pola rede, e en taquilla custarán 10€. Iso si, este ano para acampar hai que ter entrada.

    Pensamos que é moito o que ofrecemos para o pouco que cobramos. Cremos que a cultura hai que pagala, e co cartelazo que traemos, de moitísima calidade, non hai un cartel do noso estilo pola zona, e iso acompañado coa paraxe única da Costa da Morte, o ConV é un produto único.

    Ademais, teremos prezos moi económicos nas barras!


    • QPC:E como serán os horarios pois?

    As actividades serán durante todo o día, por iso invitamos á xente a vir a primeira hora. O Festival en si comeza ás 20:00h, con Rubick. Dolores está programada para ás 21:15h e His Majesty the King para ás 22:30h.

    Ás 0:00h comezan os pratos fortes con Sex Museum, que queremos que se extendan a gusto, polo que Grises pode qeu salten sobre as 2:00h. E a iso das 3:00h, Fuel Fandango tamén con liderdade.
    Pecharán a golpe de platos David Van Bylen e Antón DJ ata que o corpo aguante.

    • QPC: Pois nada, Vémonos aló!

    Máis información

    Novas conV

    Máis novas festivaleiras

Comentarios