Domingo. 16.06.2024
El tiempo

Adrián Varela, do Couto, gaña o concurso do cartel de San Xoán

Cartel San Xoan Carballo 2024-Adrian Varela
O cartel do San Xoán ten a clara sinatura de Adrián Varela
Adrián Varela, do Couto, gaña o concurso do cartel de San Xoán

Este ano, o cartel do San Xoán, ten unha clara sinatura do Couto. Adrián Varela Bermúdez (O Couto-Ponteceso, 1982), autor de toda a imaxe corporativa e cartelería da Fundación Eduardo Pondal, da Asociación Monte Branco, do V de Valarés... é o gañador do concurso do cartel das festas do San Xoán de Carballo.

Adrián Varela, ou Adrián do Gharelo, como é coñecido na aldea das Letras, é técnico de Artes Gráficas e Deseño.

O seu cartel está dominado polas cores laranxa e vermella, que, desde o seu punto de vista, “marcan unha filosofía neste evento”, e aprécianse as influencias que o acompañan desde neno, como Luis Seoane. 
A súa proposta representa, como el mesmo di, “a tradición” e pon en valor a identidade e as raíces da nosa festa a través de elementos como o lume, as sardiñas, a música tradicional e, como non, a xente. “Somos  unha potencia e non podemos perder a nosa identidade”, engade.

O xurado, integrado pola comisión de festas, tivo que escoller entre numerosas propostas chegadas desde toda Galicia e mesmo desde outros puntos do territorio nacional. Adrián Varela recibirá un premio de 500 euros, patrocinado, un ano máis, por Opticalia Enríquez. 

Comentarios