Martes. 08.10.2024
El tiempo

Adxudicada a senda entre Xornes e a Igrexa de San Xoan

Igrexa de Xornes na AC-421
Igrexa de Xornes na AC-421
Adxudicada a senda entre Xornes e a Igrexa de San Xoan

Nova senda para Bergantiños. Desta volta, a Xunta vén de adxudicar, á empresa veciña Construcciones López Cao, S.L., por 410.000€ as obras da senda peonil entre Xornes e a Igrexa de San Xoán, en Ponteceso.

Habilitarase un novo itinerario peonil e ciclista de 1,3 km de lonxitude pola marxe dereita da estrada AC-421, enlazando coa senda de Xornes-Buño-Canta la Rana. Para facilitar a visibilidade, a senda será en formigón coloreado, con cuneta de seguridade e franxa axardinada onde sexa posible.

As obras comezarán na primavera, co obxectivo de rematalas este mesmo ano, xa que contan cun prazo de execución de 5 meses.

Comentarios