Venres. 03.05.2024
El tiempo

Adxudicado o proxecto para na entrada no Couto

O Couto-Ponteceso 50
Adxudicado o proxecto para na entrada no Couto

Estes días de vertixe na Escola de Verán do Couto nótase tráfico na zona e nos comprometidos cruzamentos. De aí que a Xunta, despois de colocar ao longo do ano o sinal de 50 km/h veña de adxudicar a redacción do proxecto de mellora da estrada AC-424, na intersección do punto quilométrico 1+310 da AC-424, que presenta problemas de visibilidade.

Xa situou un paso de peóns no lugar que baixa tamén cara a marisma e as dunas da Barra, pero agora, gañarase espazo a través da expropiación da edificación non habitada neste punto

O proxecto coordinarase coa senda prevista na mesma estrada, entre os puntos quilométricos 1+150-1+400. A Xunta prevé executar o vindeiro ano tanto as obras da senda, como as da mellora da intersección.

Comentarios