Domingo. 15.12.2019
El tiempo

“Afectados polo Parque Eólico somos todos os veciños de Corme e o seu patrimonio”

Imaxes do Parque Eólico de Corme
Imaxes do Parque Eólico de Corme
“Afectados polo Parque Eólico somos todos os veciños de Corme e o seu patrimonio”

Semanas convulsas arredor do Parque eólico de Corme, como se comprobou na tensa reunión do pasado venres entre veciños, Concello e empresa. Un debate o xerado arredor destas leas eólicas, que poucas veces teñen en consideración a afectación do patrimonio, se non que máis ben sen centran nos cartos.

Precisamente Carlos Penedo, ex concelleiro do BNG, e membro da Plataforma Eólicos Corme NON (pertencente á Rede de Plataformas Galegas) quixo poñer enriba da mesa o tema medioambiental, aínda que nin para Concello, nin para a empresa, nin para a Asociación de Veciños Eduardo Pondal sexa causa de problemas. “As 3 entidades só miran polos cartos e non polo valor patrimonial do seu terreo”, criticou Penedo, que sinala que “a transparencia no proxecto é absolutamente nula”, e que "realmente os afectados somos todos os veciños de Corme, non só os que teñen fincas ocupadas".

Falou tendido Penedo, e criticou o ambiente de “camarilla” que houbo no que considera que foi unha “reunión de amigos, entre os que as veces hai pelexas”. Consciente de que “xa está todo o peixe vendido, pois xa está todo feito para desmontar o Parque e repotenciar” (“todo isto había que falalo antes”), quere incluír o asunto medioambiental no debate.

”É unha pena e unha vergoña que o Concello non defenda o patrimonio, natural, etnográfico… O Concello non presentou nin unha soa alegación, e cando se lle preguntou por iso saíu a empresa a defendelo”, lamenta Penedo.

Lembra que foi o BNG de Ponteceso coa axuda de ADEGA o único ente que presentou alegacións, unha vez que as da AVV “foron retiradas a petición da empresa”.

Sobre as afectacións máis graves, ademais da evidente causa paisaxística que vai ligada a esta enerxía renovable, Penedo lembrou a grave influencia no patrimonio natural que provocou a pista haberá dende hai 10 anos, cando instalaron o primeiro parque, no “Pozo da Lagoa, lugar dunha biodiversidade apaixoante”. Esa pista vai ser retirada tralas alegacións presentadas polo seu grupo.

En canto ao patrimonio arqueolóxico, Penedo denuncia que “os Petroglifos da Ghurita, sofren un viravento dentro da súa área de protección”, ata o punto de que “dende Industria aseguraron que facer o posible por retiralo”.

”Outro tema é a Rede Natura, e todas as zonas de protección que ten a zona (ZEPA e ZEPVN, entre outras), ás que nunca se lle fai caso”. O parque vello tiña 16 muíños en Rede Natura, e agora van quedar 3.

”Que irresponsabilidade, non?? O Concello celebrando o Día Internacional do Patrimonio, cando teñen o noso patrimonio esquecido e abandonado”, lamenta Penedo, que tamén lanza pedras contra a AVV: “Por que unha Asociación decide como se reparten 60.000€?”, pregúntase.

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios