Martes. 19.03.2024
El tiempo

A empresa do Parque Eólico de Corme enfróntase aos veciños con graves acusacións

IMG-20191115-WA0043
Obras de repotenciación do Parque Eólico de Corme
A empresa do Parque Eólico de Corme enfróntase aos veciños con graves acusacións

Reunión tremendamente tensa a celebrada este pasado xoves en Corme. Dous responsables da empresa promotora do Parque Eólico de Corme G3, e da súa repontenciación, convocaban unha reunión coa veciñanza afectada, a través do Concello de Ponteceso e informando a Asociación de Veciños Eduardo Pondal. 

Unha Asociación que, "está a favor do Parque eólico e das renovables sempre que cumpran a lei", leva axudando a empresa dende hai varios, facendo de intermediarios entre veciñanza e empresa para firmar ducias de contratos. 

Pero a situación de moitos veciños (presentáronse na reunión unha trintena) , como os que contábamos en QPC, que levan ata 19 sen cobrar con terreos afectados, fixo que a Asociación prantase cara e invitase a empresa a solucionar devandita situación antes de continuar co proceso de reformulación de contratos da repontenciación. Ademais moitos veciños presentaron alegacións á repontenciación. 

A reunión volviuse tensa e segundo a AVV, "a empresa, en vez de responder ás diferentes preguntas da veciñanza dedicouse a calumniarnos cunha serie de acusacións que non imos tolerar".

A situación agrávase pola falta de apoio municipal. "O Alcalde agora tamén falta, porque agora o único que quere é cobrar", denuncian dende a AVV. 

Segundo denuncian os veciños, Joaquín Botos, responsable de EDP Renovables, acusou á AVV a pedir a "aportación de 60.000 euros en negro". Dixo ademais que "houbo veciños que se comportan como os terroristas dos CDR". 

A Asociación de Veciños, absolutamente indignada coa acusación, enviou unha "mensaxe á presidenta de EDP Renovables, pedindo que se retracte en 24 horas do que alí dixo ou se procederá cunha denuncia no xulgado" . Ademais fará públicos os correos que se enviaron empresa e entidade. 

A mesma. Rocío Sicre respondía que non ten constancia de que ninguén da empresa dixera iso polo que non ían tomar medidas. 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios