Xoves. 24.10.2019
El tiempo

A aldea do Couto acolle un seminario para a recuperación e revitalización do seu espazo

O obradoiro, que concluirá este sábado, ten unha asistencia de 30 alumnos entre os que figuran arquitectos, paisaxistas, xeógrafos e outros profesionais vinculados a este ámbito.

O ámbito de estudo céntrase na aldea do Couto e a súa contorna, dende a Praia de Balarés, incluido o esteiro do Anllóns, ata Ponteceso, coa singularidade do miradoiro de Monte Branco.

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, instou aos profesionais urbanísticos a priorizar o coidado da paisaxe.
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, instou aos profesionais urbanísticos a priorizar o coidado da paisaxe.
A aldea do Couto acolle un seminario para a recuperación e revitalización do seu espazo

A sede da Fundación Eduardo Pondal acolleu este mércores a presentación do seminario “Revitalizar a Paisaxe Rural. Aldea de O Couto”, organizado pola Fundación Juana de Vega en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal e o patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio, que ten lugar desde hoxe e ata o 30 de marzo. O curso, que é de balde, ten unha asistencia de 30 alumnos.

Na presentación do seminario, que trata de analizar as posibilidades da paisaxe rural nesta e outras zonas similares de Galicia, estiveron Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Xosé Lois García Carballido, alcalde de Ponteceso; Isabel Aguirre de Urcola, directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, e José María Varela, xerente da Fundación Eduardo Pondal.

O estuario do río Anllóns é sinónimo de solos profundos e fértiles, con predominio de espazos cultivados, Ponteceso e Corme como principais núcleos de poboación, bosques e monocultivos de eucalpitos e Piñeiro e a auga como elemento conformador da paisaxe, con marismas e zonas húmidas. O ámbito de estudo do seminario céntrase na aldea do Couto ea súa contorna, abarcando dende a Praia de Balarés, incluido o esteiro do Anllóns, ata o núcleo de Ponteceso, coa singularidade do miradoiro de Monte Branco. O curso pretende facer unha reflexión desde o ámbito da paisaxe, atendendo aos novos usos e o importante patrimonio rural abandonado xunto coa calidade ambiental de toda esta zona.

O obxectivo principal do seminario é contribuir á recuperación de espazos abandoados, a través da divulgación deste territorio e os seus recursos, incorporando o medio rural e a paisaxe coma obxectos de investigación. Así, formularanse distintas propostas para a aldea de O Couto e a súa contorna que poidan poñela en valor para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, considerar a innovación no agro como xerador de emprego e emprendemento, incrementar os valores ambientais e divulgar a cultura e os valores do medio rural.

Profesores do curso

O arquitecto José Fariña Tojo, catedrático de universidade e autor de numerosos plans de urbanismo e de protección do patrimonio histórico, é o director do seminario, que coordina a arquitecta Mercedes Máquez Roel, quen forma parte do grupo de investigación da Escola Galega da Paisaxe e actualmente realiza a súa tese sobre o espazo público de proximidade. Ademais, tamén intervén a arquitecta Covadonga Carrasco López, do estudio Creus e Carrasco, gañadores en 2016 do Premio Galego de Arquitectura pola súa Casa Chao en Corcubión, e Carlos Ferrás Sexto, profesor de Xeografía Humana e investigador da interacción da Psicoterapia e o Análise Espacial e a tecnoloxía da comunicación con sistemas de información.

A actividade, que conta con visitas de campo e comida de picnic e na lareira, está dirixida principalmente a arquitectos, paisaxistas, urbanistas, xeógrafos e outros profesionais que teñan interese por estes temas.

Comentarios