Venres. 26.04.2024
El tiempo

“Alumear mellor non é alumear máis”

Contaminacion Luminosa en Corme
“Alumear mellor non é alumear máis”

Esta foi a conclusión fundamental coa que saíron a vintena de veciñ@s que participaron na interesantísima sesión formativa que artellou esta pasada fin de semana a activa Asociación Cultural Insua de Viastela sobre a contaminación luminosa en toda Europa.

Unha charla na que se aprendeu moitísimo e da que todo o mundo saíu en cantado, aderezada ademais pola exposición de paneis da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Foi precisamente un dos seus membros, o divulgador científico Martín Pawley, o encargado de poñer a información teórica para dar as claves e poñer os marcos desta problemática.

Suso Lista deu paso despois ao alcalde de Xinebra, o cormelán Alfonso Gómez Cruz, que estivo impresionante debullando como se está desenvolvendo na súa cidade o proxecto Lumiere.

“Que estea o alcalde de Xenebra dando unha clase maxistral sobre o que están a facer nun dos países máis evolucionados do mundo sobre contaminación luminosa, e que non apareza ningún dos nosos representantes políticos, que foron invitados é incrible. Dá a impresión de que o saben todo”, lamenta Lista.

Paseo nocturno por Corme

Á saída fíxose un paseo, facendo medidas dos lúmenes, e concluíron que é “escandaloso” o exceso de potencia da meirande parte do alumeado público, sobre todo nos portos.

Moito temos que aprender para poder seguir dicindo que a Costa da Morte segue a ser un dos únicos ceos no que sobreviven as estrelas.

Dende a entidade tamén valoran o ben que están a funcionar os roteiros polos Petróglifos cormeláns, con saídas de máis de 40 persoas.

Novas relacionadas

Comentarios