O alumnado do IES Eduardo Pondal coñece de preto varias empresas e o museo de Automoción
A familia de Transporte e mantemento de vehículos do Instituto IES Eduardo Pondal de Ponteceso levou a cabo ó longo destas dúas semanas unha serie de visitas á empresas do sector da automoción.
Esta visitas foron organizadas dentro do programa de Aulas de Emprendemento impulsado pola Dirección Xeral de Formación Profesional que ten como obxecto achegar o alumnado ó mundo empresarial, dándolle a oportunidade de coñecer de primeira man algúns retos e vantaxes cos que se poden atopar tanto no mundo laboral como no proceso emprendedor.
As visitas foron realizadas por todos os niveis de ciclos da familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos: Formación Profesional básica, Ciclo Medio de Carrozaría, Electromecánica e Ciclo Superior de Automoción. O alumnado comprobou o proceso de produción de buggies en Yacarcross, dende o inicio ata o rematado final, analizando paralelamente as dificultades e vantaxes de emprender neste sector.
Aproveitouse a saída para visitar o museo de Automoción e Historia (MAHI) en Arteixo.