O alumnado de FP do IES Eduardo Pondal participa en diferentes Aulas de Emprendemento
A semana pasada, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso acolleu unha serie de obradoiros de emprendemento dirixidos ao alumnado de todos os ciclos de Formación Profesional e, organizados coa dotación facilitada dende a Dirección Xeral de Formación Profesional para Aulas de Emprendemento.
Estes obradoiros foron unha oportunidade para que o alumnado adquirise habilidades prácticas e teóricas en diferentes áreas clave do mundo laboral. Entre as temáticas abordadas, destacaron a importancia da presentación de proxectos en público, que permite ao alumnado aprender a comunicar as súas ideas de forma clara e convincente.
Ademais, os participantes exploraron o uso de LinkedIn como ferramenta fundamental para a creación de redes profesionais. E o marketing online como estratexia esencial para a promoción de produtos e servizos na era dixital.
Estes talleres fomentaron a creatividade e o pensamento crítico, e tamén equiparon ao alumnado con coñecementos que serán decisivos na súa futura carreira profesional.