O alumnado e o profesorado do IES Ponteceso sumérxense no proxecto Erasmus +
Ben acollidas polo alumnado foron as xornadas do proxecto Erasmus + que está organizando o equipo directivo do IES Eduardo Pondal de Ponteceso.
Nesta ocasión as xornadas centráronse nas posibilidades de formación do alumnado do ciclo superior de Automoción na súa modalidade Dual, así como se amosarán as diferentes opcións ás que pode optar o profesorado dos diferentes ciclos que se imparten no centro.
Ainda que as experiencias nestas opcións son de estancias curtas, o beneficio a nivel personal e da comunidade educativa é moi amplo. Según Cristina Vázquez e Silvia Candia, pertencentes ao equipo Erasmus+ do centro, “o contacto con outras realidades europeas favorece a todo o alumnado. Os e as docentes que vimos participando en programas anteriores, voltamos destas experiencias cunha bagaxe enorme para poder aplicar no día a día nas nosas aulas. Experiencias novas a nivel educativo, coñecemos empresas punteiras nos nosos sectores profesionais, ou afianzamos as boas prácticas que nós realizamos compartindo as nosas experiencias con outros especialistas, é sumamente enriquecedor”.
Outro dos obxectivos para participar neste programa é coñecer empresas para que o alumnado poda realizar nos vindeiros cursos a súa estadía Erasmus+ nelas, ou ofrecer o centro como receptor de estudiantes doutros países para que veñan realizar aquí a súa mobilidade. De calquera xeito, a participación nestes programas repercute positivamente á comunidade educativa e a toda a contorna social do noso centro, tal e como sinala a propia filosofía Erasmus. “Ofrecer alternativas e experiencias únicas para que o alumando medre a nivel persoal e profesional é moi satisfactorio, sintes un orgullo especial cando ves o seu cambio despois de participar no programa”.