Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Luís Giadás e Vidal Romaní guiaron ao alumnado da UNED pola historia e natureza de Ponteceso

ruta Ponteceso UNED
Grupo da UNED no Monte Branco
Luís Giadás e Vidal Romaní guiaron ao alumnado da UNED pola historia e natureza de Ponteceso

Ponteceso recibiu este sábado a 51 alumnos e alumnas da UNED de a Coruña que visitaron algúns dos enclaves do Concello para realizar unha ruta histórica patrimonial e cultural na comarca.

Unha actividade que permitiu coñecer de cerca algúns elementos diferenciadores de Ponteceso. Para isto o alumnado, e a profesora que os acompañou, comezaron visitando as igrexas de Cores e Mens cuxos segredos e detalles foron dados a coñecer por Luís Giadás Alvárez, profesor de historia no IES Eduardo Pondal, de Ponteceso.

Posteriormente fixeron a ruta do mar de Corme ata a Praia de Balarés. Durante o percorrido o técnico en turismo do Concello, Javier Couto, achegou os principais puntos paixasísticos e ambientais dos miradoiros e a zona.
Pola tarde todos os participantes achegáronse ata o Cabo Roncudo e o Dolmen de Dombate onde o experto en xeoloxía, Vidal Romaní, informou dos puntos mais característicos destas zonas e a súa riqueza e importancia xeolóxica.

Comentarios