Venres. 26.04.2024
El tiempo

Apin prantéxase deixar o goberno municipal de Ponteceso

Apin prantéxase deixar o goberno municipal de Ponteceso
Jose Manuel Pose Verdes Lois Carballido e Carlos Penedo en Ponteceso Jose Manuel Pose Verdes, Lois Carballido e Carlos Penedo durante o seu primeiro encontro formal para formalizar o novo goberno en Ponteceso Novos problemas para o alcalde de Ponteceso. Ás queixas dos sindicatos laborais e mesmo da Policía Local, súmase a posible marcha de Apin do tripartito que goberna o Concello dende as municipais de 2015 (xunto co PSOE e BNG). Os concelleiros de Apin Son do concello de Ponteceso (Marco Varela Vidal e José Manuel Pose Verdes) despois dun tempo de disputas co Sr Alcalde de Ponteceso, é queren remarcar “o do Alcalde, e non o resto dos compoñentes do grupo de goberno, Psoe e Bloque”, informan que “este mércores reunirán ao grupo de Apin para tomar a decisión de deixar o grupo de goberno ou non”. “Nós entendemos que fomos fieis e, en todo momento aceptamos as decisions tomadas en grupo, non así cando o Sr.Alcalde vai por libre”, sinalan. Logo da reunión darán unha rolda de prensa explicando cal será a súa postura definitiva. Fonte QPC

Comentarios