Aprobado o acordo de concentración parcelaria en Cores-Nemeño
07:05 09/11/16
Case 40 anos despois de que se desen os primeiros pasos, o Diario Oficial de Galicia - DOG - publica onte a aprobación por parte da Consellería do Medio Rural da fase de acordo da concentración parcelaria de Cores-Nemeño, en Ponteceso.
Este paso supón a determinación das fincas de reemplazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Deste xeito, a concentración parcelaria de Ponteceso supón a reorganización de 2.658 parcelas pasando a contar con 864 fincas pertencentes a 546 propietarios.
Lévanse investido dende o inicio desta concentración preto de 1,5 millóns de euros que se destinaron na súa meirande parte á execución da rede de camiños - 1,2 millóns de euros - e o resto a servizos técnicos como a elaboración do proxecto de concentración, á realización das bases provisionais e definitivas, á redacción do acordo, etc.
Exposición da reorganización
Os veciños teñen agora un prazo de 30 días hábiles de exposición pública do acordo, que se poderá consultar no concello de Ponteceso e nos lugares de costume da zona. Os documentos a examinar refírense ásfincas de reemplazo, ás fichas de atribucións e aos planos da concentración.
Os interesados, en caso de non estar conformes, poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural dentro do prazo de 30 días contados dende o seguinte á notificación a cada un dos propietarios.
Novas relacionadas
- 2011: A Xunta apura o proceso de concentración parcelaria de Cores-Nemeño
- Cerca de 1000 veciños recollen os títulos da concentración parcelaria de Cerqueda
- Remata a concentración parcelaria de Baio despois de 23 anos
- Medio Rural entrega os títulos da parcelaria de Cerqueda
- Tras 24 anos, os veciños de Cerqueda recibirán antes do verán os títulos da concentración parcelaria
- Os veciños de Cerqueda reciben os títulos de propiedade da Concentración Parcelaria
- O Alcalde de Malpica explicou as novidades sobre Parcelaria aos veciños da Monte d’Arxa
- Redacción QPC ([email protected])
- Consellería Medio Rural