Luns. 29.04.2024
El tiempo

Arrincan dúas Semanas Culturais en Brantuas e Niñóns como previa á gran Romaría da Virxe do Faro

Asociacion Semana Cultural Brantuas e Ninons
Arrincan dúas Semanas Culturais en Brantuas e Niñóns como previa á gran Romaría da Virxe do Faro

Este domingo tivo lugar na Casa dos Veciños a presentación do programa da Semana Cultural de Brantuas e Niñçóns, no marco das festas da Nosa Señora do Faro. Houbo música e petiscos, pero sobre todo, houbo un completo programa para achegarse a esta parroquia pontecesá de aquí ao 8 de setembro, con citas na propia Casa dos Veciños de Brantuas, e sempre aderezadas cuns petiscos.

Presentacion da Semana Cultural Brantuas e Ninons
Gran acollida na presentación

O programa comeza o xoves 31 as pandereteiras do pobo Sua Cerca porán a súa música. O venres 1 de setembro, coa actuación da Coral San Martín de Canduas a partir das 20:30h. O sábado 2 amence ás 8:30h cunha Andaina dende a Asociación, e actividades deportivas ao longo do día, e xa ás 20:30h, a cerquedá Icía do Manso trae o seu grupo Arredores, despois de representar a Galicia no Festival de Lorient.
O domingo 3 será día completo, con presentación pola mañá do libro histórico sobre os Músicos de Brantuas e Niñóns, con homenaxe ao Grupo Musical Os Bardos.

A segunda semana de programa comeza o luns coa exposición fotográfica da historia das Festas do Faro de Brantuas, Xa o martes 5, o Son do Castro traerá a música tradicional. A semana continúa o mercores coa Coral Santa Mariña den Ponteceso e o xoves 7 pechan a semana os acordeóns de Jesús Couto.

Semana Cultural Brantuas e Ninons

A Romaría, o día grande

E xa temos cartel para o día grande que pecha este programa, o da Romaría da Nosa Señora do Faro.

Romaria da Virxe do Faro de brantuas 2023

Comentarios