Luns. 29.04.2024
El tiempo

A arte efímera de Diego As invadiu a a Biblioteca de Ponteceso

Diego As na Biblioteca de Ponteceso
Intervención de Diego As na Biblioteca de Ponteceso
A arte efímera de Diego As invadiu a a Biblioteca de Ponteceso

Diego As empezou pintando graffiti na rúa na adolescencia de forma autodidacta influenciado polos hip-hop e a arte urbana coa finalidade de expresarse libremente. Comezou de forma autodidacta e clandestina ata que decidiu formarse para desenvolver o seu talento e a súa paixón polo realismo e converteuse nun dos mellores muralistas do mundo. Así foi recoñecido no ano 2022 pola plataforma digital Street Art Cities, a maior comunidade de arte urbana do mundo, por pintar unha réplica da peza que o escultor francés Nicolas Coustou creou no século XVIII e que está albergada no Louvre. Ademais tamén pinta cadros.

Diego é hoxe un artista de talla internacional en Oviedo, Málaga, Madrid, Barcelona, Asturias, Portugal, Inglaterra, Soria, Alacante, Guinea, Puerto Rico, etc. En Puerto Rico vén de participar xunto con outros muralistas de talla internacional no proxecto “Miradas del barrio”, que está desenvolvendo o concello de Yauco e que está dirixido a persoas de contornos marxinais. O mural que pintou Diego representa a mirada dun neno chea de curiosidade e de soños, que invita a todos a somerxerse na vida e na Cultura local. A mirada do neno transcende as barreiras da linguaxe e estende unha invitación universal a todos aqueles que desexen descubrir a a autenticidade e a hospitalidade do barrio promovendo a conexión a través das miradas.

Recén chegado de Puerto Rico achegouse a Ponteceso para colaborar co proxecto Ponteceso Cultura Permanente, proxecto que busca ofrecer unha ampla e atractiva oferta cultural intentando que se acheguen ao rural os fluxos da poboación impulsados pola necesidade de ocio e turismo, porque a dinámica turismo rural/calidade de vida pasa pola Cultura, é dicir, chegar á sostibilidad coa Cultura como medio vehicular.

Diego trouxo arte en forma de cadros nunha exposición que titula “As rúas falan” e se poderán gozar ata finais de abril as persoas que se acheguen á cafetería O Cruce de Ponteceso.

Diego tivo a xenerosidade de ahegar tamén a Ponteceso o  trompe-l’oeil (trampantojo), arte efímera en 3D, que pintou por encargo do Museo do Prado con motivo da conmemoración do seu 203 aniversario. O trompe-l’oeil qie está inspirado en paisaxes de O Bosco e Patinir, a pincelada solta de Velázquez e a perspectiva de Tintoretto proxecta pontes de traballo e constancia para garantir o acceso á Cultura. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca. 

  • Julia Ures, do Colectivo Cultura Permanente.

Comentarios