Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Píllaras das Dunas e Mar de Fábula únense para limpar, con coidadiño, o Esteiro do Anllóns

As Píllaras das Dunas e Mar de Fábula únense para limpar, con coidadiño, o Esteiro do Anllóns
Lixo no Esteiro do Anllons Lixo no Esteiro do Anllons

Nova cita medioambiental armada por dous dos grupos máis comprometidos coa nosa contorna natural. As Píllaras da Dunas e Mar de Fábula únense para armar, xunto coa colaboración do Concello de Ponteceso, unha limpeza do Esteiro do Anllóns. A cita será o vindeiro 5 de maio.

Este humidal da Costa da Morte é moi coñecido pola importancia dos hábitats que acolle e pola gran cantidade de aves acuáticas que o utilizan ao longo do ano. Entre elas están as propias píllaras da dunas, que agora mesmo están en plena época de cría. Por iso, traballarán na parte interna do esteiro, evitando molestalas nas súas áreas de reproducción.

Debido a que se trata dun espazo especialmente sensible adoptaranse todas as medidas e precaucións para evitar danos medioambientais. Deste xeito, por exemplo, a participación é limitada. Pero ademais, como alternativa ao uso de vehículos que poidan danar as dunas, a retirada dos sacos de residuos que se recollan realizarase con piraguas.

A limpeza do Esteiro do Anllóns realizarase desde as 10.30 ata as 14.30 horas do sábado. É imprescindible anortarse a través da páxina de Facebook As píllaras de Ponteceso ou enviando un correo ao enderezo electrónico [email protected]. Ao remate da xornada o voluntariado será convidado a comer unha paella na praia de Balarés.

Fonte

Comentarios