Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Asociación Petón do Lobo denuncia a frustración das obras da ponte de Xabarido

ponte-xabarido
A Asociación Petón do Lobo denuncia a frustración das obras da ponte de Xabarido

Non, as obras a Ponte de Xabarido non estarán rematadas a finais de 2019 como prometía a Deputación e o Concello a finais do 2018. A Asociación Petón do Lobo recibiu o pasado mércores, 20 de novembro, un documento remitido pola oficina da Valedora do Pobo no que informaba que a empresa adxudicataria das obras da ponte de Xabarido, a mercantil Germán Gil Senda, S.A., decidiu resolver o contrato.

Mais dito escrito non explica as causas da resuloción segundo informa Petón do Lobo nun comunicado, quenes indican que entre elas pode estar o retraso ou a suspensión do inicio da execución por parte da Deputación, e non deberse exclusivamente ao desestimento por parte da empresa, tal e como recolle o artigo 245 da Lei de Contratos do sector público. Este tamén indica que dende a Deputación están a mirar qué facer agora dende os distintos departamentos.

Ante o silencio imperante do organismo provincial a Asociación insiste na súa execución para que esta non se demore sine die e por iso, solicitan con urxencia unha entrevista co presidente da Deputación da Coruña e esixen o arranxo da ponte, que presenta arestora un estado moi precario. Ademais, apelan á responsabilidade dos políticos locais, quenes “están a lexitimar que un día acaezan ou se produzan danos nas persoas que teñamos que lamentar todos”, aseguran dende Petón do Lobo.

O estreitamento da ponte de Xabarido é arestora un punto negro para o tráfico rodado.

Comentarios