Atropelan a un home en Ponteceso e danse á fuga
06:32 11/12/15
Un home foi localizado á beira da DP-6801, unha estrada provincial que une Corme con Brantuas, ao paso polo municipio de Ponteceso, con diversas mazaduras e un forte traumatismo no nariz. Os veciños que alertaron aos servizos de emerxencias aseguraron que o home foi atropelado por un turismo que, por razóns que as forzas da orde investigan, continuou a marcha.
Tras recibir a alerta ás 19:40 horas de onte, o persoal do CAE 112 Galicia pediu axuda aos técnicos sanitarios que trasladaron ao ferido ao Punto de Atención Continuada da localidade. Ademais dos axentes da Garda Civil de Tráfico, completaron o operativo os integrantes do GES de Ponteceso, que foron os primeiros en acudir ao lugar do accidente.
Fonte
- 112