Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Balarés contará cun aparcadoiro para 300 vehículos

Praia de Balares no Camino dos Faros
Praia de Balarés. Foto: Camiño dos Faros
Balarés contará cun aparcadoiro para 300 vehículos

Vén de aprobar a Deputación da Coruña un investimento de 400.000€ para a construción dun aparcadoiro na área recreativa de Balarés. Un aparcadoiro necesario nun lugar moi usado sobre todo no verán, que ocupará unha finca de 34.000 metros cadrados, previamente adquirida, e que permitirá que o tráfico non chegue ata o peirao.

Destacan que se trata dunha "intervención branda, perfectamente integrada no entorno ambiental da zona, nun espazo parcelario sen afeccións ambientais para o proxecto que se pretende levar a cabo, creando 300 prazas e eliminando o tráfico rodado na vía de entrada á praia". Unha intervención que se completará no futuro coa construción dunha senda peonil entre o mesmo e a área de lecer de Balarés.

Deseucaliptizando

Ademais, a Deputación está levando a cabo traballos de mantemento do piñeiral de Balarés. Unha actuación que permitiu retirar 46 eucaliptos e tamén acondicionar e sanear os pinos para mellorar a súa saúde e garantir a seguridade dos usuarios e usuarias deste espazo.

Comentarios