venres. 08.11.2024
El tiempo

A Biblioteca de Ponteceso acolle unha exposición dos debuxos de Castelao

Exposicion Castelao en Ponteceso
A Biblioteca de Ponteceso acolle unha exposición dos debuxos de Castelao

Un clásico que cómpre ver de preto, ler con calma, e botar unhas boas risas. A exposición «Castelao grafista (facsímile)», que recolle numerosso debuxos da obra “Cousas da vida” do eterno autor galego, xa está na Sala de Exposicións da Biblioteca do Centro Cultural. A expo da Afundación permanecerá aberta ata o vindeiro 25 de agosto e poderase visitar de luns a domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h.

Nos debuxos podemos ver a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. De publicar viñetas en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, pasou a crear “Cousas da vida” (1930) e os álbumes de guerra “Galicia mártir” (1937), “Atila en Galicia” (1937) e “Milicianos” (1938).

Comentarios