xoves. 14.11.2024
El tiempo

O BNG de Ponteceso critica que que o concello lidere ránkings negativos entre os peores xestores do Estado

Casa do Concello de Ponteceso
O BNG de Ponteceso critica que que o concello lidere ránkings negativos entre os peores xestores do Estado

Lanza hoxe unha crúa crítica o BNG sobre a situación econçomica do Concello de Ponteceso. A voceira nacionalista, Fátima Rodríguez Gonzálvez manifesta a súa preocupación polo feito de que "o concello lidere ránkings negativos entre os peores xestores do Estado, logo da información feita pública polo Ministerio de Facenda, que vén a poñer de manifesto a mala xestión dos últimos anos".

Fai fincapé na "falta de atención ás obrigas coas empresas que traballan para o Concello, é dicir, as débedas cos provedores. "É unha absoluta
irresponsabilidade o que se están facendo desde a alcaldía cos cartos públicos. O alcalde hipoteca o futuro do noso concello mentres perde o tempo sen facer máis que anuncios propagandísticos de dubidosa utilidade", denuncia. "Entre as facturas xa abonadas por Facenda no exercicio anterior e as facturas das que Facenda ten constancia como debidas a fin de ano 2022, suman preto de 1 millón de euros".
Avisa ademais que este venres remata o prazo para pedir a adhesión voluntaria ao Mecanismo de Pago a Provedores das Entidades Locais 2023, un mecanismo establecido polo Ministerio de Facenda do Estado como  salvavidas aos provedores dos municipios, para evitar que as empresas sufran problemas de liquidez polos incumprimentos dos gobernos locais e a súa mala xestión

Considera a situación municipal de "estancamento" nun Concello onde "non se foi quen nin de desenvolver en 3 anos os investimentos recollidos no propio orzamento de gastos prorrogado desde 2020".

Comentarios