Luns. 29.04.2024
El tiempo

A camiseta de Bosco, gañador de Supervivientes 2023, veu para Anllóns

Salva e Paula coa camiseta de Bosco no Lar de San Fins
Paula, con Salva, coa camiseta de Bosco no Lar de San Fins
A camiseta de Bosco, gañador de Supervivientes 2023, veu para Anllóns

Nin a Sabana Santa da Catedral de Turín, nin a famosa elástica de Maradona do 86 subastada en 9 millóns de euros. O tempo dirá o valor que poderá alcanzar a camiseta do Bosco, gañador de Supervivientes 2023, e que xa está gardada nun lugar da Costa da Morte. O lugar onde Eduardo Pondal facialle poemas as campas, onde temos o primer caso de poltergeist en Europa coa Casa do Demo: Anllóns.

A camiseta de El Bosco de Supervivientes
A camiseta de El Bosco na final de Supervivientes

A agarimosa casa rural do Lar de San Fins agocha esta prenda despois dunha fermosa aventura vivida por Paula e o seu fillo de 16 anos.

Foron a Madrid, e aproveitaron para ver a tele por dentro, pois son seguidores do programa e sabían que eran as roldas finais. Xa na previa da final conseguiron entrar dentro do set de gravación de Mediaset e vivilo en primeira persoa.
Nesa primeira cita xa Paula xa lle pedira a camiseta pero Bosco, malia quedar alucinado por ver xente que viñera dende Coruña, replicoulle que esa non lla ía dar porque lla enviara a súa nai coas siglas TQS (“te quiero siempre”).

Non decaeron Paula e o pequeno de 16 anos, que volveron plantarse nos estudios para ver a finalísima do programa. Conseguiron colarse ata primeira fila, e xa contra o final, Paula berroulle de novo: “Esa camiseta Bosco, que a levamos para Coruña!”. Bosco recoñeceu a voz inmediatamente de Paula, quitou a camiseta, deulle unha aperta e lle deu o prezado regalo. O neno quedou pampo ante a escena e nin sacou o móbil para gravar o momento.

Contan a historia contentos, cunha ilusión coa que non contaban, agradecendo a humanidade do protagonista, que “parece máis simpático que na tele”… ri Paula. Agora, a camiseta quedará gardada esperando que O Bosco se convirta nunha personaxe pública famosa, e que a súa camiseta, comezo da súa carreira televisiva, sexa un ben prezado polos fans máis fieis do programa.

Comentarios