O Campaneiro de San Fins do Anllóns axuda a convertir o toque manual das campás en Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco
O toque manual de campás vén de ser incluído na lista de manifestacións representativas do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco. E un dos campaneiros que axudaron a conseguir esta declaración foi José María López, dos Campaneiros de San Fins do Anllóns de Ponteceso.
Xunto con Valentín Ínsua Palacios, da Catedral de Mondoñedo; Elías Darriba, de Campaneiros da Insua, en Ponte Caldelas, e Víctor Curros, de Campaneros de Santa María de Lamas e Sergude de Boqueixón, acodiron a Rabat para para avalar a candidatura española liderada polo Ministerio á que se adheriron varias comunidades como Galicia, neste proceso.
Este recoñecemento permitirá “preservar esta tradición e o seu valor etnográfico”, que tiveron e teñen un papel relevante á hora de organizar a vida comunitaria, delimitar o tempo e espazo laboral, festivo e de doo. Así nolo confirman os artigos de Modesto García Quintáns e Suso Jurjo.
Novas relacionadas
- O Modesto Patrimonio: A linguaxe das campás parroquiais na nosa comarca.
- Suso Jurjo: O silencio das campás e o continuo ouveo dos teléfonos.