A linguaxe das campás parroquiais na nosa comarca

Desde o comezo do Cristianismo, os actos relixiosos en grupos parroquiais necesitaban coordinarse mediante avisos, algúns dos cales eran mediante sons como bucinas, trompetas ou toques de campá. Sobre o ano 604 unha disposición ordena que todas as igrexas católicas colocasen campás nas torres para comunicarse cos veciños mediante toques.
Nalgúns casos estes campanarios situábanse separados da igrexa en sitios altos para que se propagase mellor o son. En Buxantes, o primitivo campanario estaba nun alto, preto da actual Casa de Cultura, quizais para que o son puidese chegar aos lugares mais afastados, como As Teixoeiras (a 4,8 Km.) ou Miñóns (a 3,7 Km.)
Na nosa comarca aínda podemos contemplar algúns, como o da parroquia de Vilastose (Muxía). As campás están compostas por unha aliaxe de 78% de cobre e 22% de estano, á que antigamente lle engadían algo de prata, e catalogábanse polo seu peso en arrobas. Esta composición dá orixe a unha variedade de sons entre agudos e graves que se combinan co toque de dúas campás coñecidas como “campá grande” e “campá pequena”. No interior colga unha bola de ferro con forma de pera coñecida como “badalo” que, atado a unha corda, pódese golpear a distancia.
Torre de Vilastose (Muxía)
Segundo as estadísticas, a campá máis pesada do mundo está no Kremlin de Moscova de 202 Tm. de peso e un diámetro de 5,09 m. En España a máis pesada está na catedral de Pamplona, cun peso de 11,6 Tm.
O campanero.- Era a persoa encargada de manexala e, segundo os seus toques ou repeniques comunicábase cos fregueses para citalos aos distintos actos relixiosos. Vexamos os máis importantes usados na parroquia de Buxantes:
Toque de Adoración.- Coa campá grande dábanse tres toques seguidos, descansábase uns segundos. Repetíase de novo dúas veces máis e ao final dábanse unha ducia de toques seguidos.
Toque do Angelus.- Ao mediodía, sobre as doce, golpeábase a campá grande co toque de Adoración e os labradores descansaban uns minutos, santigüábanse e rezaban uns paisnosos. Unha hora máis tarde abandonaban o traballo para ir comer.
Toque a misa rezada.- Polo xeral, a campá grande está unida cunha corda e pódese golpear desde a porta da igrexa. Neste caso, golpéase unhas 15 ó 20 veces seguidas, descánsase uns segundos e de novo volvíase golpear de novo tres veces máis, con espazos intermedios. Isto ocorría case todos os días pola mañá.
Toque a misa solemne.- Se repenicaban as dúas campás media hora antes de misa, descansábase uns segundos e golpeábase unha vez. Pasados uns 15 minutos faise a mesma operación golpeando ao final dúas veces. Cando faltan cinco minutos faise a mesma operación e ao final golpéase tres veces. Ao comezar a misa, golpéase o grande tres veces.
Aviso de festas.- A véspera, antes da posta do sol, se repenicaban as dúas campás durante uns minutos e a comisión de festas soltaba unha ducia de bombas.
Ao día seguinte pola mañá, había misa rezada, moi concorrida polos veciños que tiñan loito. O loito, que podía durar algúns anos, era moi respectado. Ao medio día celebrábase a misa solemne coa participación de tres curas. Tocábase o himno nacional no alzado do cáliz e repenicábanse as dúas campás na procesión.
Semana Santa.- Non se tocaban as campás.
Toque a morto.- O aviso familiar dábase a coñecer ao mediodía no Angelus ou pola tarde no toque de oración. Os toques de campá sinalaban si era home ou muller. Para unha muller dábase coa campá grande un toque só, descansábase uns segundos e a continuación dous toques máis. Así durante uns minutos. Para un home dábanse dous toques coa campá grande, descansábase uns segundos e a continuación un toque só. Isto repetíase durante uns minutos. Ao día seguinte, tocábase a morto dando dous golpes coa campá grande, descansaba uns segundos e a continuación un golpe coa campá pequena, así durante longo tempo. Cando o cura saía a recoller o morto á súa casa (non existían tanatorios), dábanse uns toques seguidos coa campá grande. O morto, levado aos ombreiros, tiña que ir polos chamados Camiños Sacramentais. No traxecto a comitiva paraba en puntos destacados como cruces de camiño, pontes ou calquera detalle destacado onde o cura rezaba un responso. En todo o traxecto tocábase a morto, acelerando a frecuencia de toque a medida que se achegaba á igrexa. Eu non o lembro, pero existían as “choronas”, que eran mulleres contratadas polo familiar para entristecer o percorrido. O funeral solemne facíase discorrida unha semana coa asistencia de varios sacerdotes.
Toque de arrebato.- Era un toque rápido e continuo coa campá grande. Utilizábase en casos de emerxencia, principalmente nos incendios forestais.
Contar como anécdota, segundo me contou un veciño (q.e.p.d.) a actual campá grande de Buxantes, fundida en Arcos da Condesa (Pontevedra) foi traída no ano 1924 nun carro desde Baíñas pasando por Dumbría en dirección a Buxantes. Ao pasar o Marco do Couto na Pontella da Pedra da Rasca non resistiu o peso, emborcando no río.
Parte de todo o exposto neste artigo vivino na miña infancia na parroquia de Buxantes (Dumbría). Poida que estes costumes non coincidan coas parroquias veciñas. Na actualidade as telecomunicacións e a informática borrárono todo.
OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO"
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.