Venres. 26.04.2024
El tiempo

Cando divulgar a ciencia trae premio

Cando divulgar a ciencia trae premio
ciencia-clip-ponteceso Tres estudantes de Ponteceso participar cun vídeo sobre a epixenética no concurso Ciencia Clip Jennifer Busto Blanco, Nuria Sánchez Amarelle e Beatriz Lista Lema teñen en común moitas cousas. A primeira, a súa idade. Todas teñen 17 anos. A segunda, estudan Bacharelato no IES de Ponteceso. E a terceira é o seu proxecto que veñen de presentar no Ciencia Clip; un concurso de divulgación científica no que participan rapaces de todo o territorio nacional e de Hispanoamérica. Está en xogo unha viaxe ao CERN - o maior laboratorio de física de partículas do mundo - e unhas entradas para Naukas 2017. Contan coa oportunidade do público que debe botar no seu vídeo para acadar o maior número de "gústame". https://youtu.be/7BTrGAVlrig O vídeo destas tres mozas de Ponteceso trata sobre unha das últimas fronteiras da Bioloxía, a epixenética: unha revolución na súa visión da xenética que tratan de abordar neste traballo dirixido pola súa profesora Isabel Segura. Que é Ciencia Clip Ciencia Clip é un concurso de vídeos divulgativos de ciencia deseñados, producidos e protagonizados por estudantes de educación secundaria. O principal obxectivo do concurso é fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía e ofrecer aos concursantes unha oportunidade de exercitar a súa creatividade e habilidades comunicativas usando ferramentas que proporciona Internet. Ésta é unha iniciativa da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU, patrocinada pola Deputación Floral de Bizkaia coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e na que colaboran o grupo Big Van e a plataforma Naukas e Scenio. Novas relacionadas Fonte

Comentarios